_eus_con visión de futuro_

domingo, 4 de noviembre de 2012

persoas_ Avelino Pousa Antelo

'... a xuventude debe aspirar a crear un futuro mellor para sí mesma e para tódolos galegos e galegas...




Avelino Pousa Antelo (Arzón,A Baña - 14 de maio de 1914 - Teo20 de agosto de 2012), tamén coñecido polo pseudónimo de Lucho do peto, foi un intelectual e periodista galego.
Foi presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez e vocal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.
Como periodista, foi colaborador nos anos 30 de La Voz de Barcala —órgano da Federación Agropecuaria do distrito de Negreira—, e publicou centos de artigos en distintas publicacions sobre temas agrarios e cooperativos, además de sobre temas políticos.

[editar]
Biografía

Estudou durante seis anos na Universidade Pontificia Compostela, logo Maxisterio tamén en Santiago, dous cursos de Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza.
En 1936 fixo propaganda do Estatuto de Autonomía de Galicia dese ano como afiliado ás "Mocedades Galeguistas".
Tra-la Guerra Civil desenvolveu unha intensa labor agrarista e cooperativista en Galicia. En 1946 foi becado na Misión Biolóxica de Galicia, dirixida por Cruz Gallastegui Unamuno, e en 1948 comenzou a dirixir a Escola Agrícola da Granja de Barreiros, en Ortoá (Sarria), gracias ó apoio do filántropo Antonio Fernández López, quen mantivo esta institución en funcionamiento cos seus propios fondos ata a súa morte, en 1971.
En 1955 trasladouse a Orotava (Tenerife) donde traballou como mestre e como Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabildo Insular. Regresou a Galicia en 1960 para traballar como técnico de SEMISA, empresa productora de semillas, pero volveu a trasladarse ese mismo ano, agora a Zaragoza, para dirixir unha empresa gandeira (AIVESA).
Como fruto da súa labor de promoción agraria en prensa, en 1963 foi galardoado co Premio Ramón Mourente de temas agrarios e en 1964 co premio "Luís Sánchez Harguindey" polo mesmo motivo.
En 1970 regresou a Galicia para traballar como mestre en Pontecesures ata a súa xubilación en xaneiro de 1983.
A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias otorgoulle en 1998 a Insignia de Ouro e Esmalte da Unión de Cooperativas.
No ano 2000, a Universidade de Santiago de Compostela otorgoulle a súa Insignia de Ouro.

[editar]
Obras

  • Temas de Agricultura (1951)
  • Cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquia rural (1968)
  • ¿Valen ou non as cooperativas comunitarias para o campo galego? (1971)
  • Reforma das Estructuras Agrarias de Galicia (1971)
  • A Escola Agrícola de Granxa Barreiros (1988)
  • Galicia, tarefa urxente (1992)

Sobre él



Entrevista a Avelino Pousa Antelo en 1985 


Entrevistas a Avelino Pousa Antelo en 2011



Recoñecemento