_eus_con visión de futuro_

viernes, 28 de octubre de 2011

iCOR __ Cor e Espazo Urbano

'Cor e luz son as dúas caras da mesma moeda'

A cor non é facilmente xestionable porque pertence a dous mundos diferentes, o mundo da física e o mundo das ciencias humanísticas. A luz e a cor son términos complexos, son tratados por expertos en comunicación, urbanismo, arquitectura... milleiros de campos, e ainda así, a natureza mesma segue a ser máis sabia. Para chegar a manexar ben estes conceptos precisamos de CULTURA+ADICACIÓN; o arquitecto ten que procura os elementos sensíveis  e precisos para mellorar.

Tanto á luz como á cor podémo-los tratar como productos tanxíveis (materia) ou intanxíveis (enerxía, como ente)... a ténica, relaciónaos, a ténica como arte, como conxunto que crea algo coherente. Segundo un dito italiano 'lavoro deve essere fatto a regola d'artehttp://it.wikipedia.org/wiki/Regola_dell'arte

Todos os nosos coñecementos teñen unha visión antropocéntrica, todo isto, debe porse ó servicio do home e é por iso que nos centramos na percepción humana, con isto, aclaramos que: 'o ser humano nunca emprega un único sentido, senon que ten moitos sentidos implicados en cada unha das súas percepcións' sendo en porcentaxes; 70-80% vista, 20-30% o conxunto de ouvído,tacto, gusto e olfato sendo así o 100% a percepción ou sinestésia.

Aspectos culturales da cor_
A cor debe coordinar funcións e elementos, debe facilitar a letura do espacio, se queremos sinalar algo, debemos recurrir ó contraste. A cor, depende da frecuencia  e a frecuencia luminosa varía moito dun lugar a outro, non podemos uniformar a cor sen ter en conta o ubicación deste.
A cor pode ser un signo, ten a capacidade de influir na forma e na idea, é un sinal, sen él non podería percibir realmente a forma. Unha imaxe proporciónanos unha percepción conxuntamente con unha idea o que nos leva a un concepto determinado. Partindo desta base, temos claro que a cidade debe ser un lugar de fácil letura.

Temos diversas teorías da cor que poderíamos clasificar en: física, química, fisiológica, perceptiva e simbólica.
A partir destas teorías poderemos sacar diversas conclusión, entre elas, a cor modifícase e pódese modificar por moitas razóns; luz natural-artificial, influencia entre cores, velocidade, movemento... Canto máis coñecemos sobre a cor e as súas modificacións mellor poderán ser as nosas solucións. 

Prexuizos cara a cor_
A cor, asímilase ós artistas e os arquitectos polo xeral, temos medo da cor, moitos profesionais consideran a cor como un erro, como se fora un ornamento/enfeite, como se fora algo feo... Sen embargo, a cor é sabia, é afecto, identidade, é forma, forza e intensidade.
Non existen fórmulas recoñecidas para que a cor sexa a solución a un proxecto, senon que mais ben deberíamos considerala dende o comezo, partindo da base... 'comezar o proceso partindo da cor'
A cor pode ser subxetiva ata que moleste a un terceiro, todos deben desfrutar da cor e pode chegar a ser conflictivo, é dificil de organizar un discurso de cor...

Simbolismo_
O simbolismo é un gran poder da cor; cando o empregamos conxuntamente con unha forma, está transmitindo unha sensación. A cor convértese nunha poderosa ferramenta de control sobre a reacción do noso corpo, xa que produce en nós efectos fisiolóxicos e psicolóxicos.

A cor é o legado dun obxecto, a forma e a cor interaccionan. Ambos, por separado teñen un valor relativo

' Proxéctase para as persoas, para unha sociedade '

O importante é pensar para quén proxectamos, o urbanismo é o punto máximos de expresión da arquitectura e a cor, non é exclusiva, senon que pertence ó conxunto, pertence ó funcionamento dun sistema. A temperatura da cor é importante na percepción do espacio.

Metodoloxía proxectual da compoñente cromática_
Falamos de dous tipos de percepción : obxectiva (real) e subxectiva (persoal); segundo isto, a partires da percepción real aquirimos unha percepción persoal que provoca en nós unha reacción determinada.

Cómo se proxecta a cor?
Os lugares planos tenden a anular a personalidade, con isto quermos dicir que existen moitos factores interrelacionados da realidade coa cor e que producen diferentes sensacións en cada un de nós sendo estes factores: SEMIÓTICA, PERCEPCIÓN, PSICOLOXÍA, ERGONOMÍA, TECNOLOXÍA, FUNCIÓN, ANTROPOLOXÍA, NORMATIVA E COR.


Segundo Bruno Zevi:
A arquitectura ten unha responsabilidade coa sociedade e coa historia, é permanente no tempo, se un libro non che gusta, non o les, se non che gusta un pintor, non acudes ás súas exposicións, pero se constrúes un edificio, está a vista de todos, é permanente no tempo é unha marca no lugar...


sábado, 22 de octubre de 2011

iCOR __ Cor e Comunicación

Qué nos transmite cada cor?

Identificamos a cor co elemento da natureza que o leva.

NEGRO__ identíficamolo coa noite, a escuridade, equivale ó medo, á fin do día, á fin dos nosos días, á morte. De ahí ven a tradición do loito. A mediados do século XX o negro convértese nun símbolo de elegancia, por asimilación co poder (o frack) ata ese momento a cor do poder era o dourado, o amarelo, coa burguesía, o B&N pasan a simbolizar poder.

GRIS__ asóciase coa indefinición, coa névoa. O gris é unha cor melancólica, ten esa calidade de triste, frialdade, indiferencia. É tamén a cor da máquica, serviríanos para entender que algo é moderno e ó mesmo tempo asóciase coa vellez, ou mais ben, co envellecemento. É a cor da discreción. Máquina + discreción = eficiencia.

BRANCO__é o contrario ó negro, é a luz, a limpeza incluso pode chegar a ser aséptico. É tamén a cor da pureza, da inocencia, da esencia, do virxe. Indica tamén soídade.

AZUL__ é a cor do espacio, do ceo, do mar en calma, é a liberdade, a nobleza. O azul canto mais escuro, pódese asociar á triteza á melancolía é un 'blues' da moita tranquilidade.

VERDE__ é unha cor moi dual. Significa vexetación, natureza... é a cor da vida, da abundancia, da xuventude, algo que non chegou ó seu punto de madureza ótima, inmaduro. É a cor tamén da podredume, da descomposición orgánica polo que pode chegar a ser a cor da decadencia, a cor do veleno, da envexa, a cor la bile. É a cor dos reptís, da traición que ven a escondidas.

MORADO__ asóciase ó alivio, á finalización do luto, é a cor da dor (moratóns, negróns), é a cor da tortura pero tamén eboca sensualidade por asociación co viño, é unha cor suntuosa. Converteuse en símbolo de dignidade, de sabedoría, divinidade (imperial e eclesiástica).

VERMELLO__ é a cor do sangue e é a cor do lume, pode ser a guerra que implicaría morte violenta. Por outra banda, é a cor do amor, relacionado coa pasión e o sexo. É a cor da vergoña. O vermello é vida, é cambio, cambio de estado (na India de solteira a casada). É unha cor vibrante, de perigo, de advertencia, de prohibición.

AMARELO__ é unha cor frustrante, é o sol, a luz, a divinidade, a advertencia. É o calor, a verdade, a riqueza, é poder, avaricia ( o que quere conseguir poito poder, diñeiro...) e tamén se relaciona coa cobardía. En Italia é simboloxía de crime, de misterio. O amarelo é a cor gafe.

LARANXA__ é unha cor de advertencia. É a cor da vitalidade, do optimismo, é o sol agradable, é acoledor, a terra, a calideza, a cercanía.

iCOR __ Cor e Percepción

'De noite todos os gatos son pardos'

Se falamos de cor, temos que falar das súas cualidades: tono, luminosidade e saturación. Partindo desta premisa a seguinte cuestión que nos podemos plantexar partindo do lema escrito un par de liñas mais arriba é: Cómo a luz altera a cor?
A cor, vai ligada á luminosidade: as cores frías percíbense antes que as cores cálidas coa mesma luminosidade, esto fai, que na penumbra, vexamos as cores frías máis luminos e claros. Isto lévanos a pensar dun xeito máis ténico-imaxinario a que, as cores, irradian enerxía segun

do a cantidade de luz, altéranse e modifícanse continuamente e mutuamente.

'o difícil é ver cores cando está todo gris'


Poderíamos designar as cores como primarias, secundarias e terciarias, tendo que diferenciar entre cores luz e cores pigmento. Deste modo serían cores primarias: cyan, maxenta e amarelo; cores secundarias: azul, vermello everde; e los cores terciarias, a combinación das tres primarias en distintas cantidades.

Para comprobar toda a teoría, levamos os coñecementos á práctica no taller que desenvolvemos a continuación e do que vos podo ensinar as seguintes mostras:


RODA DE COR






GAMA






PROCURANDO A COR



SÍNTESE DE COR DUN EDIFICIO


O REFLEXO DA LUZ



sábado, 17 de septiembre de 2011

tempo de reflexión

Un non sempre pode ter o que quere, a resignación converteuse, sen querer,, nunha nova meta, é bo saber, que te adaptas, ó que veña, gústeche ou non, eso é o que tes diante... Loita polo que queres, si, pero non te derrumbes no camiño... 

sábado, 26 de marzo de 2011

_debuxos_ dende o baúl dos recordos

 Catro Camiños





 Cidade imaxinaria


Facultade de Económicas


Estación de Tren _ Coruña


Museo de Mérida


Parada de bus


Praza


Praza 2







lunes, 21 de marzo de 2011

_ bosque invisible _








...cuando nuestro gran árbol de globos se fue desinflando poco a poco, él solo, por falta de medios y tiempo dejando paso a nuestro diminuto árbol de alambre que fue tomando fuerza al ver que sí era algo que podíamos realizar, algo pequeño, manejable… ¡algo que podía hacer con las manos! … el material no fue algo que nos hiciera dudar mucho, pensamos en plastilina, pero el alambre se acomodaba más a esa idea de lo artificial que quiere ser natural (artificial el material, natural la forma) y así nos pusimos a trabajar en los árboles diminutos, cada vez más diminutos y parecía que inevitablemente ellos mismos querían desaparecer porque cada vez eran más pequeños y yo, encantada… Pensé por un momento en crear un submundo, un mundo paralelo y diminuto con su propia vida, donde los seres diminutos  nos gritaran ‘I hate you so much’ porque nosotros los ignoramos, pero ellos siguen estando ahí, al igual que nuestro pequeño bosque invisible....



lunes, 14 de marzo de 2011

_bring me a dream_

...Mister Sandman, bring me a dream
Make him the cutest that I've ever seen
Give him the word that I'm not a rover
Then tell him that his lonesome nights are over...



...porque os soños, soños son,
pero temos que botarlles unha man,
para que se fagan realidade...

...'bring me a dream'...

martes, 1 de marzo de 2011

introducindome no mundo flash...

Esperimentando co flash isto é o que saiu programando unha actividade supostamente 'innovadora' ó final ata resultou entretido... xa sei... Necesita Mellorar... estamos traballando niso! :D

miércoles, 9 de febrero de 2011

identidad...¿?



 'Hay que saber emocionarse y disfrutar de nuestra mirada,
 aprendiendo a ver las cosas tal y como merecen ser vistas'

domingo, 30 de enero de 2011

lembranças... Código arquitectónico


Eiquí un video de fai moito, moito tempo... fala dos distintos códigos arquitectónicos: forma, cor, escala... está escrito en portugués, como poderedes deducir foi un traballo da miña época Erasmus, na honra dos meus compañeiros de 'Espaços Contemporaneos', que recordo con agarimo. Igual é un pouco largo, moita letra para o meu gusto, pero no seu momento, gustoume moito, espero a que a vós tamén... :)

sábado, 22 de enero de 2011

silueta de vida...

Continuando co coñecemento de min mesma eiquí a silueta, de novo, directo dende o master. Estamos a falar dunha sesión de Arte-Terapia, cómo nos vemos a nós mesmos, qué saquei da carreira (que saibades que o mais positivo foi a amizade) e cales son as grandes incógnitas respecto ó meu futuro laboral! incrible non? Pois outra pequena aportación ó blog! espero que na próxima entrada topemos con algo un bocado mais dinámico ainda que sempre creativo! :)

lunes, 17 de enero de 2011

Historia da miña VIDArte



Coa excusa do primeiro traballo para o master aquí tedes un vídeo que, para comezar este blog coido que pode ser bo, xa que ó fin é o cabo, é a miña historia! espero que vos guste!