_eus_con visión de futuro_

viernes, 28 de octubre de 2011

iCOR __ Cor e Espazo Urbano

'Cor e luz son as dúas caras da mesma moeda'

A cor non é facilmente xestionable porque pertence a dous mundos diferentes, o mundo da física e o mundo das ciencias humanísticas. A luz e a cor son términos complexos, son tratados por expertos en comunicación, urbanismo, arquitectura... milleiros de campos, e ainda así, a natureza mesma segue a ser máis sabia. Para chegar a manexar ben estes conceptos precisamos de CULTURA+ADICACIÓN; o arquitecto ten que procura os elementos sensíveis  e precisos para mellorar.

Tanto á luz como á cor podémo-los tratar como productos tanxíveis (materia) ou intanxíveis (enerxía, como ente)... a ténica, relaciónaos, a ténica como arte, como conxunto que crea algo coherente. Segundo un dito italiano 'lavoro deve essere fatto a regola d'artehttp://it.wikipedia.org/wiki/Regola_dell'arte

Todos os nosos coñecementos teñen unha visión antropocéntrica, todo isto, debe porse ó servicio do home e é por iso que nos centramos na percepción humana, con isto, aclaramos que: 'o ser humano nunca emprega un único sentido, senon que ten moitos sentidos implicados en cada unha das súas percepcións' sendo en porcentaxes; 70-80% vista, 20-30% o conxunto de ouvído,tacto, gusto e olfato sendo así o 100% a percepción ou sinestésia.

Aspectos culturales da cor_
A cor debe coordinar funcións e elementos, debe facilitar a letura do espacio, se queremos sinalar algo, debemos recurrir ó contraste. A cor, depende da frecuencia  e a frecuencia luminosa varía moito dun lugar a outro, non podemos uniformar a cor sen ter en conta o ubicación deste.
A cor pode ser un signo, ten a capacidade de influir na forma e na idea, é un sinal, sen él non podería percibir realmente a forma. Unha imaxe proporciónanos unha percepción conxuntamente con unha idea o que nos leva a un concepto determinado. Partindo desta base, temos claro que a cidade debe ser un lugar de fácil letura.

Temos diversas teorías da cor que poderíamos clasificar en: física, química, fisiológica, perceptiva e simbólica.
A partir destas teorías poderemos sacar diversas conclusión, entre elas, a cor modifícase e pódese modificar por moitas razóns; luz natural-artificial, influencia entre cores, velocidade, movemento... Canto máis coñecemos sobre a cor e as súas modificacións mellor poderán ser as nosas solucións. 

Prexuizos cara a cor_
A cor, asímilase ós artistas e os arquitectos polo xeral, temos medo da cor, moitos profesionais consideran a cor como un erro, como se fora un ornamento/enfeite, como se fora algo feo... Sen embargo, a cor é sabia, é afecto, identidade, é forma, forza e intensidade.
Non existen fórmulas recoñecidas para que a cor sexa a solución a un proxecto, senon que mais ben deberíamos considerala dende o comezo, partindo da base... 'comezar o proceso partindo da cor'
A cor pode ser subxetiva ata que moleste a un terceiro, todos deben desfrutar da cor e pode chegar a ser conflictivo, é dificil de organizar un discurso de cor...

Simbolismo_
O simbolismo é un gran poder da cor; cando o empregamos conxuntamente con unha forma, está transmitindo unha sensación. A cor convértese nunha poderosa ferramenta de control sobre a reacción do noso corpo, xa que produce en nós efectos fisiolóxicos e psicolóxicos.

A cor é o legado dun obxecto, a forma e a cor interaccionan. Ambos, por separado teñen un valor relativo

' Proxéctase para as persoas, para unha sociedade '

O importante é pensar para quén proxectamos, o urbanismo é o punto máximos de expresión da arquitectura e a cor, non é exclusiva, senon que pertence ó conxunto, pertence ó funcionamento dun sistema. A temperatura da cor é importante na percepción do espacio.

Metodoloxía proxectual da compoñente cromática_
Falamos de dous tipos de percepción : obxectiva (real) e subxectiva (persoal); segundo isto, a partires da percepción real aquirimos unha percepción persoal que provoca en nós unha reacción determinada.

Cómo se proxecta a cor?
Os lugares planos tenden a anular a personalidade, con isto quermos dicir que existen moitos factores interrelacionados da realidade coa cor e que producen diferentes sensacións en cada un de nós sendo estes factores: SEMIÓTICA, PERCEPCIÓN, PSICOLOXÍA, ERGONOMÍA, TECNOLOXÍA, FUNCIÓN, ANTROPOLOXÍA, NORMATIVA E COR.


Segundo Bruno Zevi:
A arquitectura ten unha responsabilidade coa sociedade e coa historia, é permanente no tempo, se un libro non che gusta, non o les, se non che gusta un pintor, non acudes ás súas exposicións, pero se constrúes un edificio, está a vista de todos, é permanente no tempo é unha marca no lugar...


No hay comentarios:

Publicar un comentario