_eus_con visión de futuro_

viernes, 28 de octubre de 2011

iCOR __ Cor e Espazo Urbano

'Cor e luz son as dúas caras da mesma moeda'

A cor non é facilmente xestionable porque pertence a dous mundos diferentes, o mundo da física e o mundo das ciencias humanísticas. A luz e a cor son términos complexos, son tratados por expertos en comunicación, urbanismo, arquitectura... milleiros de campos, e ainda así, a natureza mesma segue a ser máis sabia. Para chegar a manexar ben estes conceptos precisamos de CULTURA+ADICACIÓN; o arquitecto ten que procura os elementos sensíveis  e precisos para mellorar.

Tanto á luz como á cor podémo-los tratar como productos tanxíveis (materia) ou intanxíveis (enerxía, como ente)... a ténica, relaciónaos, a ténica como arte, como conxunto que crea algo coherente. Segundo un dito italiano 'lavoro deve essere fatto a regola d'artehttp://it.wikipedia.org/wiki/Regola_dell'arte

Todos os nosos coñecementos teñen unha visión antropocéntrica, todo isto, debe porse ó servicio do home e é por iso que nos centramos na percepción humana, con isto, aclaramos que: 'o ser humano nunca emprega un único sentido, senon que ten moitos sentidos implicados en cada unha das súas percepcións' sendo en porcentaxes; 70-80% vista, 20-30% o conxunto de ouvído,tacto, gusto e olfato sendo así o 100% a percepción ou sinestésia.

Aspectos culturales da cor_
A cor debe coordinar funcións e elementos, debe facilitar a letura do espacio, se queremos sinalar algo, debemos recurrir ó contraste. A cor, depende da frecuencia  e a frecuencia luminosa varía moito dun lugar a outro, non podemos uniformar a cor sen ter en conta o ubicación deste.
A cor pode ser un signo, ten a capacidade de influir na forma e na idea, é un sinal, sen él non podería percibir realmente a forma. Unha imaxe proporciónanos unha percepción conxuntamente con unha idea o que nos leva a un concepto determinado. Partindo desta base, temos claro que a cidade debe ser un lugar de fácil letura.

Temos diversas teorías da cor que poderíamos clasificar en: física, química, fisiológica, perceptiva e simbólica.
A partir destas teorías poderemos sacar diversas conclusión, entre elas, a cor modifícase e pódese modificar por moitas razóns; luz natural-artificial, influencia entre cores, velocidade, movemento... Canto máis coñecemos sobre a cor e as súas modificacións mellor poderán ser as nosas solucións. 

Prexuizos cara a cor_
A cor, asímilase ós artistas e os arquitectos polo xeral, temos medo da cor, moitos profesionais consideran a cor como un erro, como se fora un ornamento/enfeite, como se fora algo feo... Sen embargo, a cor é sabia, é afecto, identidade, é forma, forza e intensidade.
Non existen fórmulas recoñecidas para que a cor sexa a solución a un proxecto, senon que mais ben deberíamos considerala dende o comezo, partindo da base... 'comezar o proceso partindo da cor'
A cor pode ser subxetiva ata que moleste a un terceiro, todos deben desfrutar da cor e pode chegar a ser conflictivo, é dificil de organizar un discurso de cor...

Simbolismo_
O simbolismo é un gran poder da cor; cando o empregamos conxuntamente con unha forma, está transmitindo unha sensación. A cor convértese nunha poderosa ferramenta de control sobre a reacción do noso corpo, xa que produce en nós efectos fisiolóxicos e psicolóxicos.

A cor é o legado dun obxecto, a forma e a cor interaccionan. Ambos, por separado teñen un valor relativo

' Proxéctase para as persoas, para unha sociedade '

O importante é pensar para quén proxectamos, o urbanismo é o punto máximos de expresión da arquitectura e a cor, non é exclusiva, senon que pertence ó conxunto, pertence ó funcionamento dun sistema. A temperatura da cor é importante na percepción do espacio.

Metodoloxía proxectual da compoñente cromática_
Falamos de dous tipos de percepción : obxectiva (real) e subxectiva (persoal); segundo isto, a partires da percepción real aquirimos unha percepción persoal que provoca en nós unha reacción determinada.

Cómo se proxecta a cor?
Os lugares planos tenden a anular a personalidade, con isto quermos dicir que existen moitos factores interrelacionados da realidade coa cor e que producen diferentes sensacións en cada un de nós sendo estes factores: SEMIÓTICA, PERCEPCIÓN, PSICOLOXÍA, ERGONOMÍA, TECNOLOXÍA, FUNCIÓN, ANTROPOLOXÍA, NORMATIVA E COR.


Segundo Bruno Zevi:
A arquitectura ten unha responsabilidade coa sociedade e coa historia, é permanente no tempo, se un libro non che gusta, non o les, se non che gusta un pintor, non acudes ás súas exposicións, pero se constrúes un edificio, está a vista de todos, é permanente no tempo é unha marca no lugar...


sábado, 22 de octubre de 2011

iCOR __ Cor e Comunicación

Qué nos transmite cada cor?

Identificamos a cor co elemento da natureza que o leva.

NEGRO__ identíficamolo coa noite, a escuridade, equivale ó medo, á fin do día, á fin dos nosos días, á morte. De ahí ven a tradición do loito. A mediados do século XX o negro convértese nun símbolo de elegancia, por asimilación co poder (o frack) ata ese momento a cor do poder era o dourado, o amarelo, coa burguesía, o B&N pasan a simbolizar poder.

GRIS__ asóciase coa indefinición, coa névoa. O gris é unha cor melancólica, ten esa calidade de triste, frialdade, indiferencia. É tamén a cor da máquica, serviríanos para entender que algo é moderno e ó mesmo tempo asóciase coa vellez, ou mais ben, co envellecemento. É a cor da discreción. Máquina + discreción = eficiencia.

BRANCO__é o contrario ó negro, é a luz, a limpeza incluso pode chegar a ser aséptico. É tamén a cor da pureza, da inocencia, da esencia, do virxe. Indica tamén soídade.

AZUL__ é a cor do espacio, do ceo, do mar en calma, é a liberdade, a nobleza. O azul canto mais escuro, pódese asociar á triteza á melancolía é un 'blues' da moita tranquilidade.

VERDE__ é unha cor moi dual. Significa vexetación, natureza... é a cor da vida, da abundancia, da xuventude, algo que non chegou ó seu punto de madureza ótima, inmaduro. É a cor tamén da podredume, da descomposición orgánica polo que pode chegar a ser a cor da decadencia, a cor do veleno, da envexa, a cor la bile. É a cor dos reptís, da traición que ven a escondidas.

MORADO__ asóciase ó alivio, á finalización do luto, é a cor da dor (moratóns, negróns), é a cor da tortura pero tamén eboca sensualidade por asociación co viño, é unha cor suntuosa. Converteuse en símbolo de dignidade, de sabedoría, divinidade (imperial e eclesiástica).

VERMELLO__ é a cor do sangue e é a cor do lume, pode ser a guerra que implicaría morte violenta. Por outra banda, é a cor do amor, relacionado coa pasión e o sexo. É a cor da vergoña. O vermello é vida, é cambio, cambio de estado (na India de solteira a casada). É unha cor vibrante, de perigo, de advertencia, de prohibición.

AMARELO__ é unha cor frustrante, é o sol, a luz, a divinidade, a advertencia. É o calor, a verdade, a riqueza, é poder, avaricia ( o que quere conseguir poito poder, diñeiro...) e tamén se relaciona coa cobardía. En Italia é simboloxía de crime, de misterio. O amarelo é a cor gafe.

LARANXA__ é unha cor de advertencia. É a cor da vitalidade, do optimismo, é o sol agradable, é acoledor, a terra, a calideza, a cercanía.

iCOR __ Cor e Percepción

'De noite todos os gatos son pardos'

Se falamos de cor, temos que falar das súas cualidades: tono, luminosidade e saturación. Partindo desta premisa a seguinte cuestión que nos podemos plantexar partindo do lema escrito un par de liñas mais arriba é: Cómo a luz altera a cor?
A cor, vai ligada á luminosidade: as cores frías percíbense antes que as cores cálidas coa mesma luminosidade, esto fai, que na penumbra, vexamos as cores frías máis luminos e claros. Isto lévanos a pensar dun xeito máis ténico-imaxinario a que, as cores, irradian enerxía segun

do a cantidade de luz, altéranse e modifícanse continuamente e mutuamente.

'o difícil é ver cores cando está todo gris'


Poderíamos designar as cores como primarias, secundarias e terciarias, tendo que diferenciar entre cores luz e cores pigmento. Deste modo serían cores primarias: cyan, maxenta e amarelo; cores secundarias: azul, vermello everde; e los cores terciarias, a combinación das tres primarias en distintas cantidades.

Para comprobar toda a teoría, levamos os coñecementos á práctica no taller que desenvolvemos a continuación e do que vos podo ensinar as seguintes mostras:


RODA DE COR






GAMA






PROCURANDO A COR



SÍNTESE DE COR DUN EDIFICIO


O REFLEXO DA LUZ